Némesis

Estaba xa case morto! Acórdome perfectamente…., el rezaba poemas de Charles Baudelaire (como se xa se lle acabase a vida) entregándose con paixón a esa bendita obra. Eu só era capaz de visualizar a súa pobre presencia; un ente kafkiano retorcido, cheirento;  reducido a un verme ao que lle acababan de amputar o corpo en dúas metades: pero o contrario do anélido; a súa cabeza, xa non se apresuraba con ritmo frenético a buscar unha escapatoria ( xa non tiña morriña por nada).

-¡Veña, tes que levantarte!, xa é hora- esixinlle sen reproche ningún.

– ¿Por qué o debería de facer?, xa non lle encontro sentido a nada- dixo bebendo pena, inxectándose melancolía nas súas veas, acorralado por él mesmo nunha esquina.

-Dame pena verte así. Estaste destruíndo, aniquilándote: ¿ non ves que a vida é…, única? Alá ao fondo, tras eses edificios,  alguén está a tocar jazz pra ti… Antes gustábache moito Anthony and the johnsons. Emocionábache escoitar: “Memoria da noite” de Luar na lubre.

– Antes…- rememorou convalécente.

-Eres o meu irmán, ¡cándo deixaches de selo! ¡Meu amor, meu amor!

-Reveleime contra toda clase de existencia…, non penso con existir: é una terrible costume, un mal hábito que seguimos sen criterio. Xa se debería de acabar…¡Todo debería de acabarse xa!

-Deixa en paz a Cammus…, él xa está morto- pedín ofendido. Él non ten culpa de que ti seas un cobarde.

– Pero ten razón, todo o que di é certo- asegurou poñéndose en pé e mirándome os ollos.

-Hay demasiadas formas de interpretar a vida, tantas como persoas no mundo- comentei acariciándolle o pelo (pelo que caía sin forza para sosterse).

– Sei que hay algo hay máis valioso dentro de min. Soñeino. Chameille “Alma”,  tal como o facían os  antigos filósofos.  É como un lóstrego que necesito tocar, palpar coas puntas dos meus dedos- falou moi deteriorado, branco e enfermo.

-<< Quéroa sacar fora>>, pensou.

 Sacouse os ollos; recoñeceunos, pesounos, bicounos e comeunos pra sempre.

-<< Non me humillarán nunca máis>>, pensou.

-Nada de iso existe, nada do que ti tanto anhelas; só é una invención de esta sociedade consumista e elitista- dixen con moita tristura.

Puxo o pucho na cabeza, axeonllouse unha última vez, e metendo os dedos na boca, (anhelando tocar aquelo que tanto necesitaba) suicidouse.

O seu corpo moribundo pronto se consumíu: my love, my love…Pero algo había alí pra min: unha nota me deixou envolta nas súas costelas.

– ¿ Serendipity?-lin a queima pel.

Polo meu camarada, o meu amigo da alma…, eu fíxenme cociñeiro: pola súa memoria inefable.

-<< Hoxe xa non chove en Santiago, meu doce amor>>, pensei vendo como o sol queimaba o seu rostro; proxectándose un espello: ¡vínme eu!

-déxesche o misterio-, díxenlle.

“ Serendipity: doce descubrimento afortunado que se produce cando estás buscando unha cousa distinta…”A veces vouno visitar: enterreino baixo o barro, cubrino cunha nube seca e díxenlle “ Adeús”.Da súa inocencia brotrou unha pequena semente aterciopelada. ¡Volveu a choiva a Santiago!-¡Medra, por favor!- pedinlle. O seu talo estirouse, enrredado saíronlle follas clorofiláticas, ademáis de unha tranquilidade conmovedora.Tan alta era esta árbore apodada ” Mugaritz”  que apurriñei por ela.Ata o País Vasco me levou. Alí perdidiño nunha vila( Errenteria) estaba a catredal dos cociñeiros, o xardín de Babilonia( “Clorofila”).- ¡Aquí me trouxeron!-dixen en voz alta, acercándome a eles.Ao meu frente estaba el: Andoni Luis Aduriz, e o seu equipo: Llurens, Dani Lasa, Ramón, Javi , Adrián.- benvido, estás na casa-, dixo o profeta dos cociñeiros…

Nano O Netiño de Neveiro

*Imaxe de  Yasmina Casal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s