14570267_1149900318412480_7082857487271754979_n

3 poemas de Carlota Tomás

Nótase no corpo Atopo no teu corpo Esa ledicia Que pouco a pouco Sen darme de conta Fíxome ser como son, A quen sempre admirei No que confío, Ao que sinto como amigo.   O arte que mostras Escoito coas miñas orellas O son da túa música Toco coas miñas mans O setir das notas…

man

Oda ao carallo

  A excitación é evidente dende que te vexo, nos teus pantalóns remárcanse as túas ganas. Non quero palabras nin amor, o único que quero hoxe é acción. Escoitalo? Moi lonxe comeza a soar un saxo anunciando sexo, tremen as miñas pernas lúbricas, o sangue de ambos flutúa cara a mesma viaxe. Non te quero…

abstracta

Os do milenio

Chegamos a unha vida da que pouco xa nos queda, fixéronnos culpables… por ser fillos dun século xenocida, máis evadimos a condena. Distorsión vital como resultado do terror da estrutura social. Choran estas mentes quebradas nesta realidade perdida, polo agobio encapsulado, polo inferno figurado. Os sentidos infectados, son tan só a antesala da obra máis…

dsc_0759

O sol do papel

Cando cheguei non tiña ollos. Nacera nunha mañá orballada e donda, moles as follas daquel outono mediado baixo os pasos, a penas cinco anos atrás. Naquela Compostela inesquecible de recén casados, pintura fresca aínda nas paredes e cóxegas nos pés rindo entre as mantas. Chamámolo, gordecho, todo ollos, ollos de metal azul, Adrián. Adrián. Onde…

13502632_758588317611606_8964173221289384792_o

Só o mar

No mes de xullo do verán pasado, poucos días despois de cumprir os dezasete anos, fun ao pobo costeiro de Pavos. O meu irmán maior, Xosé, e a súa muller, María, convidáranme a pasar uns días con eles. Alugaran unha casiña para as súas vacacións. Ocupabamos a segunda planta (a primeira estaba deshabitada) dunha pequena…

texto Lúa

Bótote de menos…

Ás veces lémbrome de que estou a anos luz de Nós, que estes recordos ós que me aferro están manipulados pola miña mente masoquista (encántalle magullar ó meu pobre e pequeno corazón ata a extenuación), da miña memoria o único sentimento verdadeiro que se desprende é o amor que Nós rodeaba. Nada era perfecto naquela…

Ojos

Eses ollos

Que pensarán eses ollos que co paso do tempo viron marchar canto tiñan canto querían, todo aquilo polo que loitaron. Que sentirán eses beizos que co paso do tempo viron escapar a quen daban todo o que querían dicir con aqueles ollos que cheos de bágoas non podían. Porque todo o que o ten o…