planetaa

Retrato dun falso antroido

Imaxínense un barco sen rumbo. Un mar picado con ondas que non atendemos a controlar. A civilización vive enriba. Os paxariños cantan “desastre”. Procúrase a solución do problema? Que va… Quizais unha minoría. Gran parte das elites dirixentes prefiren traballar no seu privilexio mentres o barco continúe coa forza precisa para manterse a flote, por…

verdadeira-historia-da-tv

Verdadeira historia da televisión

Tantos anos da miña vida amando as pequenas cousas. Gozando das historias nas que me implicaba. Tantos anos querendo non ser a repugnante vella que son. Tantos anos feliz. Malia todo, o outro día decateime de que son unha desas hater das que fala a mocidade. Supoño que todas e todos cabalgamos esa montura nalgún…

Miniatura Se queres, bailamos

Se queres, bailamos

Pode ser que aínda busque alguén en quen mirarme, alguén que me espante as bolboretas do estómago e encha o oco que deixen, e non volver ter medo de verme nos espellos nunca máis. Exploremos a perfección do caos. Do non ter todo ordenado e no seu sitio. Do estar un pouquiño desequilibrados. Eu non…

Rúa do Preguntoiro

Ela

1 Desexaba tanto penetrar en ti, Ela, penetrar nos teus ollos para chegar ao corazón da túa alma… Pero isto asustábame. Había algo alí que me inquietaba. Lembraba detalladamente as nosas conversacións, cada sorriso, caricia ou bico. Pero estes recordos  non me satisfacían do todo. O máis recóndito, escuro e misterioso, as túas curvas interiores…

882653_250344715102638_438292618_o

Némesis

Estaba xa case morto! Acórdome perfectamente… el rezaba poemas de Charles Baudelaire (como se xa se lle acabase a vida) entregándose con paixón a esa bendita obra. Eu só era capaz de visualizar a súa pobre presenza; un ente kafkiano retorcido, cheirento;  reducido a un verme ao que lle acababan de amputar o corpo en…

O faiado de Peter Pan

Alí colle todo. O que queren que colla e o que non. Todo o que pulula en perigo de extinción polos corazóns no camiño da deshumanización. O fogar da imaxinación. O lado positivo das radiografías. Exercicios de estilo martirizados por rimas indiscriminadas. Botes de vidro onde reverberan as luces dos primeiros versos. Binomios fantásticos e…