14961387_10202668298424540_681994711_n

Branco granito azul

Baixo polo bulevar inzado de cor. Viro á esquerda, de súpeto un raio azul clausura a ancha e curta rúa. Granito reviricocado, rocaille, enmarcando o azul cerúleo dos azulexos que recobren a cachotería, en contraste co purpúreo da balconada e portas de acceso, e o branco das dez fiestras que abren o edificio á luz.…

pokemon-go

Perder o tempo con Pokémon Go

Dende as derradeiras semanas de xullo até hoxe a mocidade volveuse cazadora, polo menos virtualmente. Pokémon Go converteuse na aplicación máis visitada do mundo por riba do Whatshap, Instagram e Twitter. Inspirouse nun dos xogos máis populares da xeración que naceu dende os oitenta á actualidade. Pokémon Go é sinxelo. Consiste en que cada persoa…

rajoy

O poeta en funcións Mariano Rajoy

“Somos sentimientos y tenemos seres humanos”. Con este lapsus o presidente do Estado inundaba os nosos beizos de sorrisos, porque somos como nenos e nenas. Fainos graza calquera cousa… Tempo pasou dende que ETA fora considerada unha gran nación e menos dende que en Benavente se inaugurara o trabalinguas político: “es el vecino el que…

Carlos Méixome

Unha viaxe berlinesa

Como as persoas, as cidades tamén se cruzan no camiño; sen agardalas. Pásame con algunhas, como Berlín. Cidade que non estaría entre as miñas prioridades viaxeiras, en especial por ser un de caste pousona. Primeiro por un agasallo e despois por un galano amoroso e musical, o caso é que, en menos dun ano, andei…

Ana-Gabriel-CUP_EDIIMA20160104_0430_4

A tribo de Anna Gabriel

Teño dúbidas, moitas dúbidas. Quizais son esaxeradas. Non o sei. O outro día Anna Gabriel, deputada no parlamento catalán polas CUP, afirmou: “gustaríame ter fillos en grupo, en colectivo”. Opinaba que sería interesante que fose un conxunto de persoas as que educasen, no canto da familia tradicional, aos seus fillos. Desta forma, todo o colectivo…

12910471_10209116643370447_1697065950_n

A transexualidade no século XXI

  ¿Qué sucede que ultimamente sábense cada vez máis casos de nenos e nenas transexuales? ¿nas décadas anteriores non existía esta forma de sentirse? Por susposto que si, mais coma sempre, aquilo que estaba fora da norma heterosexual e do modelo patriarcal desentoaba e ficaba relegado a un segundo plano, sentimentos no subterfuxio, persoas agochadas.…

foto díxolle un empregado

Díxolle un xefe a un subordinado

  Podería darnos a roupa de inverno ao meu compañeiro e a min? Acabade o traballo e póñovos a cargar caixas. Xa verás como vos pasa o frío. Vale… Esta conversa invernal sucedeu na empresa X. O contrato do traballador era temporal. Comezara no verán, cando a roupa sobra. Non é o único exemplo no…