882653_250344715102638_438292618_o

Némesis

Estaba xa case morto! Acórdome perfectamente… el rezaba poemas de Charles Baudelaire (como se xa se lle acabase a vida) entregándose con paixón a esa bendita obra. Eu só era capaz de visualizar a súa pobre presenza; un ente kafkiano retorcido, cheirento;  reducido a un verme ao que lle acababan de amputar o corpo en…

Tristán Desnos

Dóeme. Sei que me doe. Só as veces penso que non vale a pena. Cando conduzo. Cando vou paseniño, a modiño, ca man fora do coche, tocando ese prestado aire, mesturándome con el; penso en todo isto e doume conta de que é unha loucura: tanto sufrimento, tanto valdío esforzo, ¿pra qué?