Tristán Desnos

Dóeme. Sei que me doe. Só as veces penso que non vale a pena. Cando conduzo. Cando vou paseniño, a modiño, ca man fora do coche, tocando ese prestado aire, mesturándome con el; penso en todo isto e doume conta de que é unha loucura: tanto sufrimento, tanto valdío esforzo, ¿pra qué?