IRA

A tarde avergoñábase e as tebras confabulábanse para saír. O pequeño regato regaba o rego da braña e nós non dabamos chegado á casa. Monet respirábase dende o teito até os prolongados prados, a auga queda, os vieiros crus… Se o pintor captara a esencia da estampa que contemplabamos, tamén expresaría o canto dos xílgaros,…

Taboleiro do libro galego (abril 2017)

Continuamos co excelente traballo que se viña facendo no Caderno da Crítica. Querémos agradecerlle a axuda a Ramón Nicolás e ás librarías que colaboraron con nós para a elaboración desta listaxe: Pedreira, Cartabón, Paz, Biblos, Miranda, Andel do libro, Suévia e Chan da Pólvora. Narrativa Os nenos da variola, de María Solar. Galaxia. Aqueles días en…

A estética da traxedia

Ao falar de ecoloxía pódense establecer dúas posicións predominantes ante as que a poboación se sitúa. Unha é a do espectador pasivo, acomodado na súa butaca. A outra é a do activista, a do involucrado. No primeiro caso poderíase falar do que en psicoanálise se chama renegación, defensa consistente en que o suxeito rexeita coñecer…

Procesións

Fun tomar algo logo de ver á miña avoa. A noite non se escoitaba polas voces da xente e as procesións, que paseaban por esta mar de pedra que é Compostela dende antes de que Celso Emilio a describira. Confeso que nunca entendín o funcionamento destes teatros da fe, pero hoxe fixeime neles, fixeime ben.…

1994

Falo de ti, cativo de sorriso grande. Chegaches como o primeiro raio de luz que se cola ao amencer pola fiestra, alegrando a miña aletargada vida. Falo do teu sofá. Dese que foi testemuña do noso suor mesturado, da saliva e dos nosos corpos brincando ao compás, creando arte sen máis pretensión cá de gozar.…

Entrevista a Ana Pontón. Segunda parte

Finalizamos con esta derradeira entrega a entrevista a Ana Pontón. Para ler a primeira parte hai que premer aquí. P: Pódese dicir que vivimos nunha democracia? R: Esa é unha pregunta moi complexa. Penso que unha democracia plena é unha democracia con información veraz, con maior participación directa dos cidadáns. Nestes momentos aquí hai eleccións…

Entrevista a Ana Pontón. Primeira parte.

Recíbenos no seu despacho cun amplo sorriso. Un sorriso que contaxia e que incita á ilusión e ao entusiasmo. Un sorriso que nos recorda que ás veces hai que rir, que con bo humor se pode encetar un rumbo novo. Co seu discurso representa milleiros de corazóns. Milleiros de persoas pertencentes a un país que…