Dilemas

A filósofa británica Philippa Foot propón o seguinte dilema:

Un tranvía percorre sen control as rúas dunha cidade. No seu camiño, este tranvía desbocado, atoparase con cinco persoas atadas ás vías. Ti poderías salvalas, pois estás situado ao lado dunha panca, que de movela, farás que o tranvía cambie de vía indo por outra sección na que só hai unha persoa atada a vía.

Que fas? Deixas que o tranvía siga o seu curso, ou accionas a panca facendo que só morra unha persoa?

Tendo en conta este primeiro dilema, a filósofa estadounidense Judith Jarvis Thomson propuxo o seguinte:

Imaxina que estás agora nunha ponte baixo a cal pasa o tranvía desbocado directo a atropelar a esas cinco persoas. Unha vez máis terás a posibilidade de salvalas, mais esta vez non haberá panca algunha. Nesta ocasión deberás tirar da ponte a un home que se atopa ao teu lado e que caendo nas vías será atropelado polo tranvía, polo tanto este freará e non chegará nunca onda as persoas atadas á vía.

Que farías neste segundo caso? Deixarías que o tranvía atropelara a esas cinco persoas, ou intervirías lanzando o home ás vías? Cambiou a opinión sobre o que facer no primeiro e no segundo caso?

Probablemente moitos de vós no primeiro caso decidistes activar a panca, pois así evitades a morte dun número maior de persoas, pero probablemente non fariades o mesmo no segundo caso, pois nesta ocasión, aínda que tamén salvariades a cinco persoas sacrificando a unha soa, a morte desta única persoa xa non a provocades de forma indirecta activando unha panca, senón que directamente teriades que empuxar a un home ás vías, o que vos faría dubidar.

Os demáis seguramente deixastes que en ambos casos o tranvía continuara o seu camiño sen intervir alegando que esas cinco mortes non serían responsabilidade vosa e, nembargantes, si que sería vosa responsabilidade a morte da persoa que morre tras ti activar a panca e da persoa que tiras a vía. Pero non sería tamén, en parte, responsabilidade vosa deixar morrer a esas cinco persoas estando na vosa man salvalos?

Pensaras en facer o que pensaras, seguramente cambiarías de opinión segundo quen se atopara en cada lugar. Por exemplo, moitos dos que activastes a panca, non o fariades se souberades que os cinco seres atados á vía son recrusos condeados por violacións e asasinatos. E moitos dos que non activastes a panca fariadelo de saber que as persoas atadas son familiares vosos.

Non hai solución correcta para estes dilemas. Que pensades?

Yasmina Casal Vilanova

Advertisements

3 comentarios en “Dilemas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s