Némesis

Estaba xa case morto! Acórdome perfectamente… el rezaba poemas de Charles Baudelaire (como se xa se lle acabase a vida) entregándose con paixón a esa bendita obra. Eu só era capaz de visualizar a súa pobre presenza; un ente kafkiano retorcido, cheirento;  reducido a un verme ao que lle acababan de amputar o corpo en dúas metades: pero o contrario do anélido; a súa cabeza, xa non se apresuraba con ritmo frenético a buscar unha escapatoria (xa non tiña morriña por nada).

  • Veña, tes que levantarte!, xa é hora- esixinlle sen reproche ningún.
  • Por qué o debería de facer?, xa non lle encontro sentido a nada- dixo bebendo pena, inxectándose melancolía nas súas veas, acurralado por el mesmo nunha esquina.
  • Dáme pena verte así. Estaste destruíndo, aniquilándote: non ves que a vida é… única? Alá ao fondo, tras eses edificios,  alguén está a tocar jazz pra ti… Antes gustábache moito Anthony and the Johnsons. Emocionábache escoitar: “Memoria da noite” de Luar na lubre.
  • Antes… -rememorou convalecente.
  • Es o meu irmán, cándo deixaches de selo! Meu amor, meu amor!
  • Reveleime contra toda clase de existencia… non penso con existir: é una terrible costume, un mal hábito que seguimos sen criterio. Xa se debería de acabar… Todo debería de acabarse xa!
  • Deixa en paz a Camus… el xa está morto -pedín ofendido. El non ten culpa de que ti sexas un covarde.
  • Pero ten razón, todo o que di é certo- asegurou poñéndose en pé e mirándome os ollos.
  • Hai demasiadas formas de interpretar a vida, tantas como persoas no mundo -comentei acariciándolle o pelo (pelo que caía sen forza para sosterse).
  • Sei que hai algo hai máis valioso dentro de min. Soñeino. Chameille “Alma”,  tal como o facían os  antigos filósofos.  É como un lóstrego que necesito tocar, palpar coas puntas dos meus dedos -falou moi deteriorado, branco e enfermo.
  • Quéroa sacar fora -pensou.

 Sacouse os ollos; recoñeceunos, pesounos, bicounos e comeunos pra sempre.

  • Non me humillarán nunca máis -pensou.
  • Nada diso existe, nada do que ti tanto anhelas; só é una invención de esta sociedade consumista e elitista -dixen con moita tristura.

Puxo o pucho na cabeza, axeonllouse unha última vez, e metendo os dedos na boca, (anhelando tocar aquilo que tanto necesitaba) suicidouse.

O seu corpo moribundo pronto se consumiu: my love, my love… pero algo había alí pra min: unha nota me deixou envolta nas súas costelas.

  • ¿ Serendipity? -Lin a queima pel.

Polo meu camarada, o meu amigo da alma… eu fíxenme cociñeiro: pola súa memoria inefable.

  • Hoxe xa non chove en Santiago, meu doce amor -pensei vendo como o sol queimaba o seu rostro; proxectándose un espello. Vinme eu!
  • Décheslle o misterio -díxenlle.

“Serendipity: doce descubrimento afortunado que se produce cando estás buscando unha cousa distinta…” As veces vouno visitar: enterreino baixo o barro, cubrino cunha nube seca e díxenlle “adeus”.Da súa inocencia brotou unha pequena semente aterciopelada. Volveu a choiva a Santiago! -medra, por favor!- pedinlle. O seu talo estirouse, enredado saíronlle follas clorofiláticas, ademais de unha tranquilidade conmovedora.Tan alta era esta árbore apodada ” Mugaritz”  que apurriñei por ela. Ata o País Vasco me levou. Alí perdidiño nunha vila (Errenteria) estaba a catedral dos cociñeiros, o xardín de Babilonia (Clorofil). -aquí me trouxeron!- dixen en voz alta, acercándome a eles. Ao meu fronte estaba el: Andoni Luis Aduriz, e o seu equipo: Llurens, Dani Lasa, Ramón, Javi , Adrián.

  • Benvido, estás na casa-, dixo o profeta dos cociñeiros…

 

Nano O Netiño de Neveiro

*Imaxe de  Yasmina Casal
Advertisements

2 comentarios en “Némesis

    • un ser humano que se redime dos seus pescados e se supera loitando contra os demonios que o atormentaron no pasado. Aquel que chama my love, era el mismo auto-destruíndose no pasado. Cando se supera, loitará contra todo para ser o mellor e conseguir o perdón que tanto necesita para morrer en paz…Por eso visita a “Catredal dos cociñeiros”. Ahora virá a terceira parte, que é en barcelona con Ferran Adriá. Gracias por comentar, espero que che gustase. Os meus tres camaradas: Yasmina, Belén e XOsé, están a facer un traballo magnífico, son unos cracks. Se che gustou este tema literario mezclado con gastronomía, pronto vou publicar aquí un artículo moi interesante, con alguna pregunta respondida por grandes cheffs e tamén por Ferran. Un abrazo moi grande!!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s