O que aprendín de Thomas Carhcart e Daniel Klein

Vouche facer unha soa pregunta, só quero saber como te chamas, que me digas o teu nome. Tes todo o tempo que queiras para responder, non hai presa, bueno, salvo polo feito de que cada momento que pasa é un momento menos na túa vida.

   Kierkegaard pensaba que o único modo de transcender a nosa ansiedade ante a morte é pasar por ela. Todos os intentos que fagamos por suprimir os nosos pensamentos sobre a morte son contraproducentes: o único medio para poñerse en contacto co eterno é asumir a ansiedade da nada. E, a menos que sexas como Boris Grushenko, e poidas falar coa morte só che queda unha opción para non caer ao vacío e ostentar á loucura: A CREATIVIDADE.

     A creatividade é algo así como un aspirador. Normalmente estos, nunha primeira instancia, só absorben as partículas máis grandes, ostentosas e visibles. A maioría da xente conténtase con isto, xa que a finalidade, que se supón que é a limpeza, está cuberta. Aínda que tamén é certo que hai xente que continúa a aspirar despois de esta fase. Hai xente que semella que naceu para pasar o aspirador, xente que o manexa coma se fose unha Nimbus 2000, xente que converte o salón no esceario da  maior das competicións hípicas, xente que loita contra o po coa súa espada láser como se estivese loitando contra o  lado oscuro da forza…

    A diferenza entre ambos casos é abismal. No primeiro, a creatividade sería algo así como identificar que o debuxo é un chapeu, mentras que no segundo, sería como comprender que é unha boa que está a dixerir un elefante, como achar a forma de fabricar a máquina do movemento perpetuo, como roubarlle a ambrosía aos deuses e saír impune.

     Pódense malinterpretar estas palabras deducindo que para alcanzar a creatividade o único que fai falla é continuar aspirando, mais non é así. Fai falla algo máis, unha luz distinta, un don, unha ráfaga de vento. E iso, amigos meus, nunca o poderemos conseguir. Contentémosnos pois, con aspirar o suficiente para que o po non nos absorba, con non vivir na mesma casa que a morte, con contemplar a beleza dende o sofá dalgún salón.

tumblr_my1o9rhXca1sotvpqo1_500

Belén Quinteiro Pulleiro

*Imaxe sacada de aquí
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s