Baixo cuberta

 

Eu non sei falar. Podo emitir frases cunha relativa coherencia dentro dun discurso, pero non sei falar. Non sei falar, porque non coñezo a ninguén que se me quedara mirando coma se o que digo se tratara un milagre detrás doutro cada vez que abro a boca e emito calquera  tipo de son, bostezos incluídos. Digo máis, coñezo a moita xente que me mira implorándome clemencia para que a miña inacabable verborrea cese as hostilidades.

Tampouco é que coñeza a ninguén que, coma min, teña a cabeza máis desordenada que a habitación. E, crédeme, iso é moita desorde. Esa é a razón pola que escribo. Cando falo non penso o que digo, as palabras saen sen máis, e despois doume conta do que acaba de zarrapastrar a miña boca. Cando escribo non teño máis remedio que pensalo, e ata acaba parecendo que digo algo con certo sentido.

Cando non falas como escribes, aprendes moitas cousas. Desde logo, auméntache o vocabulario, porque en calquera dos dous casos necesitas detallar ao máximo o que intentas expresar. Pero ese aumento non serve de moito se a maioría das veces non che saen as palabras. Así que aprendes a vivir con esa sensación de impotencia. Tamén aprendes que non vas poder ser política, porque aínda que tes unha capacidade argumentativa impresionante que faría cambiar de opinión a calquera só por non aturarte, sénteste sumamente insegura á hora de falar en público. E tatexas. E decides tomalo con filosofía e calma, así que reláxaste e empezas de novo, e acabas improvisando un monólogo. Que si, que a xente sairá do mitin encantada, porque o pasou pipa. Pero ti non tocaches un só dos puntos do programa electoral. E aí remata a túa carreira política. De todas maneiras, ti para iso non valías, porque cando non falas como escribes, tamén aprendes que por moito que intentes mentir e que sexa crible, sempre acabarás metendo algún unicornio, algunha vaixela de Sargadelos ou algún castiñeiro que desmontará a túa versión dos feitos.

En realidade, agora, pensándoo ben, a miña habitación non está tan desordenada. É pequena, está chea de libros, películas, xogos, bixutería e recordos. Iso tamén o teño na cabeza. Só que creo que na cabeza, ademais da habitación, teño un ático enteiro, totalmente amoblado, cheo de trastos. Alúgase, que eu o que quería era ser política.

      Miniatura Baixo cuberta

Sara Sueiro Iglesias

*Fotografía sacada de aquí
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s