Bótote de menos…

Ás veces lémbrome de que estou a anos luz de Nós, que estes recordos ós que me aferro están manipulados pola miña mente masoquista (encántalle magullar ó meu pobre e pequeno corazón ata a extenuación), da miña memoria o único sentimento verdadeiro que se desprende é o amor que Nós rodeaba. Nada era perfecto naquela relación psicótica con carácter suicida, ambos o sabemos, pero, non me negarás (amor) que estivo repleta de intensidade, para o bo e para o malo. Quizais iso foi o que Nós destrozou.

Cústame asimilar que soara o Requiem (de Mozart, por suposto) dándoNós paso a unha morte agónica e letal. O plural desapareceu, aínda que me pese. E pesa tanto que só podo escribir letras tristes que me guían ó interior dun sentimento que debería ficar xa putrefacto, moi dentro de min, tanto que consigo chegar a ti de novo. Alí desfágome de todo rancor, de todo ego, e son libre, para quererte con todo o meu corazón, esquecendo que un día marchaches facendo que o meu mundo ficase destrozado do baleiro que quedou, porque ti eras todo para min, e de súpeto xa non estabas (xa non estás).

Sendo sincera (contigo sempre o son, pero comigo máis) cústame non poder chamarte para contarche que vin una paxaro enorme no parque que atraveso ó ir á Facultade, ou que no teito da túa buhardilla hai dous gnomos axexando mentres NÓS aumentamos o calor daquel cuarto que se converteu no meu mundo, no recuncho onde sempre me quixen quedar. Detesto estrañar esa cidade ateigada de asfalto e de gris. Odio odiar todo o que me leva a ti. Porque sempre que a melancolía aparece condúceme a ti, e eu inexorablemente vou, como unha heroinómana busca un pico no lixo dunha estación de tren a altas horas da madrugada.

Por isto permanezo aquí, ausente, vivindo a vida como nunca antes a vivín, disfrutando de min sen ti, sendo consciente de que vives perfectamente sen min. Estamos moi lonxe o un do outro, alleos, estraños incluso, mais eu sempre estarei.

Bóto(NÓS)te tanto de menos …

Lúa Belén Pena Otero

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s