O poeta en funcións Mariano Rajoy

“Somos sentimientos y tenemos seres humanos”. Con este lapsus o presidente do Estado inundaba os nosos beizos de sorrisos, porque somos como nenos e nenas. Fainos graza calquera cousa… Tempo pasou dende que ETA fora considerada unha gran nación e menos dende que en Benavente se inaugurara o trabalinguas político: “es el vecino el que elige al alcalde y es el alcalde el que quiere que sean los vecinos el alcalde”.

Deixo no tinteiro moitas máis frases, pero non teñen importancia para ilustrar a cuestión que nos ocupa: Rajoy é un poeta. Quedémonos coa primeira frase, a dos sentimentos. Nela observa un problema social. Coido que se ilustra na premisa que di que os artistas engánannos para amosarnos a verdade. O artista Mariano anuncia o declive da civilización, por mor do esquecemento da parte emocional das persoas, causado por un mundo cada vez máis técnico e menos sabio. Manifesta a crise de valores, que vai da man da económica.

Está chamando á revolta! Mais en segredo, porque non quere que os que mandan de verdade o afasten do seu cometido, que non é outro que o de promover o cambio social e o enriquecemento interior das persoas.

Asociando información no meu maxín atopei a fonte da súa total inspiración, a que iniciou todo -sen ter en conta os deslices anteriores ao ano 2011, que aínda non entendemos-. Foi a famosa cita que advirte: “se non nos deixan soñar, non lles deixaremos durmir”.

A partires desa lectura comezou a facer trasnadas e até hoxe. Non sei moito máis porque o asunto é alto segredo. Terán que procurar información por conta propia. Suxestións: pregúntenlle aos soños, bótenlle un ollo á utopía e lean moito. Mariano anda nesa onda e pronto comezará, ademais, a falar galego.

“Fin de la cita”.

Xosé Carlos Carracedo Porto

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s