Perder o tempo con Pokémon Go

Dende as derradeiras semanas de xullo até hoxe a mocidade volveuse cazadora, polo menos virtualmente. Pokémon Go converteuse na aplicación máis visitada do mundo por riba do Whatshap, Instagram e Twitter. Inspirouse nun dos xogos máis populares da xeración que naceu dende os oitenta á actualidade.

Pokémon Go é sinxelo. Consiste en que cada persoa se converta nun adestrador e atrape aos animados animais pateándose as cidades, vilas, etc. É probable que leven meses con visitas inesperadas de: Pikachu, Bulbasaur, Charizard ou Pidgey –aparecen ata no xantar–.

Houbo persoas que mesmo espertaron ás cinco da mañá para dar caza aos debuxos. A raíz desta actitude renaceu das cinzas o famoso prexuízo que di que a mocidade prefire a festa ao traballo, coma se foran termos incompatibles. Medraba o argumento de que a xuventude non busca sustento, que non envía curriculos, que apenas se esforza, pero que si xoga ao Pokémon Go,  e sobre todo, que perde o tempo constantemente. Resulta que, a tamén chamada xeración máis preparada da historia é unha xeración Nini –nin estuda, nin traballa–. As incongruencias están á orde do día, como os estereotipos.

Confeso que non entendo que quere dicir “perder o tempo”. Hai segundos que gañar? A vida ten que ser dirixida, totalmente, a prol de achar cartos?  Prescindimos entón da cultura se non ten unha valía económica inmediata? Evitamos os sorrisos que non apaguen a fame? Retirámoslle importancia á satisfacción persoal como impulsora vital?

O outro día pasei unha tarde cun reloxo a ver cantos segundos se extraviaban, cantos deixaban de pasar. O certo é que escorrentábanse un tras outro. Levoume a pensar que os momentos máis ledos da miña vida non teñen que ver sempre co traballo. Que atopar unha estabilidade económica é algo importantísimo para poder vivir con dignidade, mais non debemos esquecer o que nos motiva a vivir. O que nos motivou a ser felices, a ser mellores persoas, a ver honestidade nun espello. E se o traballo e a paixón van da man, mellor.

Neste mundo, no que o sistema laboral afoga cada vez máis, é importante que reflexionemos sobre que modelo social e cultural queremos. Non direi que Pokémon Go é enriquecedor para min, mais tampouco escollo que debe motivar á xente, aínda que ese é outro tema. Vexo imposicións, egoísmos, miras curtas, derivas… Vexo un barco que naufraga e escasean os botes salvavidas.

Ocio, traballo, cultura, paixón, vida… Como debemos desenvolvernos? Esa é unha cuestión que deben responder vostedes.

Xosé Carlos Carracedo Porto

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s