Oda ao carallo

 

A excitación é evidente dende que te vexo,

nos teus pantalóns remárcanse as túas ganas.

Non quero palabras nin amor,

o único que quero hoxe é acción.

Escoitalo?

Moi lonxe comeza a soar un saxo anunciando sexo,

tremen as miñas pernas lúbricas,

o sangue de ambos flutúa cara a mesma viaxe.

Non te quero grande. Quéro(ter)te duro.

E aínda que nun comezo parece brincadeira,

soa a alarma e poste tenso,

nese mesmo instante o cerebro da unha orde clara,

ti enduréceste, vóltaste groso e, de súpeto véseche grande.

Xigante.

Impaciente conduzo os teus dedos ao interior das miñas bragas,

humedécesme á vez que mollo os meus beizos,

as miñas coxas enredadas no teu corpo seguen excitándote,

de xeito simultáneo pensamos no 69 como a fórmula hedonista ideal.

E encaixamos perfectos.

Saliva, suor, linguas.

Esvaramos ao compás polos nosos sexos,

comémonos con detalle,

lambémonos, subimos, baixamos e succionámonos.

Dese xeito perdemos a noción do tempo.

E isto non se para… aínda nos quedan moitas ganas….

Constituídos por unhas mentes deliciosamente quentes

proseguimos na pescuda da felicidade

que procuran dous corpos núos.

Colócome enriba e comezo a brincar,

achego os meus beizos aos teus oídos

e musítoche todo aquilo que quero facerche.

Actuamos igual ca unha banda de jazz,

as miñas cadeiras marcan o compás,

como unha egua desenfrenada

alternamos diferentes ritmos,

forte – lento- forte lento- lento- forte – forte.

e seguimos improvisando sen querer buscarlle máis sentido que o

que comprende tocarnos, modernos e chuparnos.

Probamos máis posturas,

igual que os animais

arrastrámonos polo cuarto adiante,

arañándonos de tal xeito que semella que nos arrancamos a pel,

sorprendidos porque os nosos corpos

nunca se acaban de saciar.

E así ata o final,

deixámonos caer na alfombra sorrindo,

o cuarto énchese dun cálido silencio,

descansa o teu suor sobre o meu,

o ritmo cardíaco vai máis amodo

e cando parece que todo se calma

vólvome forte e

coméntoche o ben que sabes …

de novo xérase un incendio

nada se enfría,

sen poder evitalo ábrome para ti de novo,

empezan os xemidos,

a respiración atafegada,

o sangue quere saírse das nosas veas

e todo volta a comezar.

 

Lúa Belén Otero

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s