Verdadeira historia da televisión

Tantos anos da miña vida amando as pequenas cousas. Gozando das historias nas que me implicaba. Tantos anos querendo non ser a repugnante vella que son. Tantos anos feliz.

Malia todo, o outro día decateime de que son unha desas hater das que fala a mocidade. Supoño que todas e todos cabalgamos esa montura nalgún momento. É o trapo que non amosa o rostro.

Estou certa de que habitamos un planeta no que as máscaras escusan o noso comportamento. Recoñecemos a nosa altura moral. Evitamos mencionar a nosa miseria. Polarizamos aos seres humanos en bos ou malos.

Non vou contar nada que non saibas. Todo isto é de sobra coñecido. O que si vou facer, despois de tantos anos, é quitarme a máscara.

Odio a televisión aínda que a vexa, non me salvo das contradicións propias do ser humano. Odio vertedoiros de vidas, como Gran Hermano. Odio a maior parte do xornalismo: por partidarios, por egoístas, por fomentar o pensamento único, por non valorar a diversidade, por non ser independentes. Se Camus opinara sobre a nosa realidade inmediata…

Aborrezo a obsesión polo fútbol, a importancia de Belén Esteban, a frivolidade da política, o poder das grandes plataformas para erguer a persoas de acordo cos seus intereses no canto de pesar o talento. Odio que nos digan que os mellores momentos das nosas vidas poden resumirse na pequena pantalla.

Ódiote, televisión, e non te apago porque fasme compañía. Porque vivir é tan duro como esperar á morte.

Por iso nos consumimos. Eu a ti e ti a min. E mentres tanto a gadaña afiada e esperando. Xa vai chegando a hora. A miña mente xa desconectou cando te acendín.

Mantra Matiste

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s