Entrevista a Roberto Sobrado

Pregunta: Rockeiro ou cantautor?

Resposta: Ambas. Non existe unha verdadeira dicotomía aí. Dende o momento en que un é rockeiro tamén é cantautor, se compón el, claro. Por exemplo, Bruce Springsteen que é, un rockeiro ou un cantautor? É ambas.

P: A quen escoitaches máis? A Silvio, a Sabina, a Calamaro…?

R: Os que nomeas son tres referentes moi importantes, mais é difícil dicir cal escoitei máis…Foi por épocas. Pero, as influencias que chegaron á miña música foron máis de Sabina e Calamaro que de Silvio.

P: Que opinas da polémica que xurdiu coa entrega do Nóbel a Dylan de se a canción é literatura ou non?

R: Unha letra dunha canción ten ritmo, ten rima…Ten todas as características dun poema. Por tanto unha canción é un poema, iso é indiscutible. Ademáis, Dylan ten algúns poemas feitos cancións alucinantes. Eu fixen filoloxía inglesa polo que puiden bucear un pouco máis nas letras de Dylan e hai algunhas que me fascinan. Claro, de aí a dicir que os seus textos son mellores ou merecen o Nóbel, non o sei. Eu teño algúns amigos que controlan de poesía máis ca min e aseguran que hai moitos poetas que o merecen máis, pero non chegaron da mesma maneira que chegou Dylan gracias a que os poemas de Dylan tiveron o apoio da canción. Cando conectas o texto coa música chega doutra maneira que non chega o texto só.

P: Agora propóñoche un xogo. Vouche dicir o nome de distintas persoas e tesme que dicir a opinión que che merecen nunha palabra, unha frase, unha diatriba amarga ou un silencio.

R: Vale.

P: Suso Vaamonde.

R: Referente absoluto.

P: Silvio Rodríguez

R: Maestro absoluto haha.

P: Terbutalina.

R: Un sopro de aire fresco e o espíritu do punk levado ao noso.

P: Beiras.

R: O presidente que todos quixéramos ter e non houbo maneira e agora vai ser complicado.

P: Castelao.

R: O pai. E xa non só políticamente, senón tamén artísticamente.

P: Martiño Noriega.

R: Fan, amigo e excelente político.

P: Luis Emilio Batallán.

R: Pasapalabra.

P: Mini e Mero.

R: Os que somos ateos temos a sorte de que os nosos deuses están na terra.

P: Rajoy.

R: Se non podes dicir algo bonito de alguén mellor non digas nada.

P: Pablo Iglesias.

R: Ogallá sexa todo o que parece ser.

 

P: Nunha entrevista en Palavra comum falabas de que hai xente cun inmenso talento gañándose a vida a duras penas e mediocres ben posicionados pola súa ascendencia xenética ou política. A min o gran mal da música non me parece só isto, que tamén, senón que ate os bos músicos apoian ós mediocres dos que ti falas.

R: Hai cousas estrañas… Sabina e Estopa, por exemplo, aínda que é certo que Estopa son uns tipos transparentes. Eu creo que hai aí un tipo de intereses que non teñen nada que ver co artístico. É o capitalismo levado ao mundo artístico.

P. Para cando o sexto disco?

R. Pois para xa, de feito xa teño as cancións listas e levo traballando coa banda xa un tempiño. Nós como somos pobres, proletarios do Rock and roll, facemos ao revés. A tendencia dun grupo é preparar o repertorio, grabar un disco e logo saír a xirar co disco. Nós somos más inmediatos, facemos cancións, ímolas montando e cando xa están frescas ímolas tocando. De feito, das cancións que van estar no disco novo xa tocamos algunhas nos concertos. Eu conto que como moito para o outono que ven estará. O concepto do disco xa o teño e a maioría das cancións tamén.

P. E que hai das musas, están moi desgastadas para voltar a escribir sobre elas?

R. O que tiña que contar das musas xa o contei, no disco novo falamos de política internacional, de diglosia e bilingüismo, da apocalipse zombie… Tamén unha canción para un tempo novo e dos proletarios do Rock and roll.

P. Cres que a música galega do momento sería capaz de reflexar o que está a suceder tanto política como socialmente?

R. Bueno, depende, é un pouco complicado. Se houbese músicos con un talento como Castelao ou Luis Davila que fosen capaces de condensar un montón de cousas nunha viñeta, que te quedas coa boca aberta, si.

P. E agora un pequeno cuestionario. Un músico:

R. Silvio Rodríguez.

P. Un cantante.

R. Andrea Echeverri, a cantante dos Aterciopelados.

P. Unha ideoloxía.

R. O socialismo.

P. Unha canción.

R. 20 de abril dos Celtas Cortos.

P. Un escritor.

R. Isabel Allende.

P. Un verso.

R. Hay comida, ¡mi plato favorito!

P. Un pintor.

R. Dalí.

P. Un filósofo.

R. Javier Krahe.

P. Unha palabra.

R. Educación.

P. Un referente.

R. Os resentidos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s