O vento

FB_IMG_1485910474405

Vento nas redes

no mar, nas mariñas,

nas entrañas.

 

Vento do norte,

que namora

e que apuñala ás veces.

 

Coma se o vento, esa mañá,

non tivera máis xeito

que tombar o meu barco

e deixarme, naquel paseo,

sen palabras,

sendo devorada polas gaivotas.

 

Vento na cidade do pérmico- triásico

onde ao baixar do tren

os meus pulmóns enchíanse

do cheiro do mar.

 

Vento que fixo tremer os meus ósos,

pechou a miña gorxa

e afogabame.

 

O meu silencio fixo das verbas sons baleiros,

sons do vento.

Sons que incomodan, desquizan e doen.

Sons que abrouxan.

 

Ventos frescos e limpos,

desos que fan xirar os cataventose indican

o inevitable cambio do rumbo das existencias.

 

O final, baixo aquela miña mirada paralizada,

non puido ser máis poético.

Isabel Pastor

 

*Imaxe de Yasmina Casal
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s