1994

Falo de ti, cativo de sorriso grande. Chegaches como o primeiro raio de luz que se cola ao amencer pola fiestra, alegrando a miña aletargada vida.

Falo do teu sofá. Dese que foi testemuña do noso suor mesturado, da saliva e dos nosos corpos brincando ao compás, creando arte sen máis pretensión cá de gozar. A respiración entrecortada e os ollos sempre abertos para saber que o que estabamos vivindo nese intre sucedía de verdade. De xeito simultáneo risas, xemidos e orgasmo. E orgasmos. Lembro o teu alento deixándose caer polo meu sur e volvo a tremer. Recórdote, quéntome, relámbome e recréome.

Falo tamén da túa cama desfeita e de nós entre esas mantas empapadas, das caricias que nunca remataban, das conversas. Dos bramidos inevitables. Das túas pernas. Dos teus brazos. Do triángulo. Da túa barba esgaduñándome as costas. De Ludovico e do seu piano. De libros en portugués. Do olor a herba que tanto pasou a gustarme … ti non o pretendías pero o teu nome converteuse en sinónimo de alegría.

Eses días servíronlle a Kase O. para escribir unha oda ao gozo case perfecta, morreu de envexa ó verse incapaz de igualar o noso nivel.

Xa me les, estamos en pleno 2016 e eu celebrando 1994.

Lúa Belén Pena Otero

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s