Procesións

Fun tomar algo logo de ver á miña avoa. A noite non se escoitaba polas voces da xente e as procesións, que paseaban por esta mar de pedra que é Compostela dende antes de que Celso Emilio a describira.

Confeso que nunca entendín o funcionamento destes teatros da fe, pero hoxe fixeime neles, fixeime ben. Navegaban ao son dun ritmo que emitía unha percusión. Navegaban ao tempo que vociferaban estrañas consignas. Semellaba unha manifestación, mais sen declaracións do meu gusto.

Nesa tarde, a miña avoa falárame de Deus como alguén a quen te aferras ou desprezas durante os últimos anos de vida –non debe haber termo medio nas crenzas–. Niso pensaba cando observaba á vella Compostela conquistada pola fe. Cando observaba esta mar de pedra mansa, derrotada e quizais eterna, só quizais. Niso cavilaba cando o ritmo da procesión decaeu, cando os homes e mulleres caeron, cando o barco picou. Din que por un tropezo, pero eu sei que a mar comezaba a axitarse. Xa lle sucedera a miña avoa.

Nós continuabamos a falar, pero todo cambiara. Os mitos morrían e nós bebiamos para esquecer.

Non tardamos en movernos a outro local. Eramos cinco persoas nadando o casco histórico. Dándolle vida pese á fúnebre época do ano na que nos atopabamos. As ondas eran enormes e tamén nos arrastraban. Andabamos á deriva porque as crenzas que rexeitabamos morrían, e eran tamén as nosas por defecto.

Temiámoslle a un futuro que viviriamos cunha paixón que non sería a de Cristo, pero primeiro debiamos atopalo. Non seria eterno, como moi ben o entendera a miña avoa. E menos mal.

Xosé Carlos Carracedo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s