IRA

A tarde avergoñábase e as tebras confabulábanse para saír. O pequeño regato regaba o rego da braña e nós non dabamos chegado á casa. Monet respirábase dende o teito até os prolongados prados, a auga queda, os vieiros crus… Se o pintor captara a esencia da estampa que contemplabamos, tamén expresaría o canto dos xílgaros, da rula, dos paporrubios, gorrións… Expresaría unha fermosa sinfonía pictórica.

Nesas estabamos cando un lóstrego partiu a odisea e o meu compañeiro quedou na outra beira. Pronto me decatei de que o ceo fora cómplice. Por iso ficara colorado!

Estaban a retratarnos e non gustamos. Racháronnos.

Será que o pintor se fixo maior ás presas? Será que non cultivamos o gusto polos lugares ricos en nenúfares? Tratarase dun accidente? Será que non somos inspiradores? Será que somos pouco agraciados? Será que o vello renovador vese anticuado?

Non sei que aconteceu aló nalgures, mais xa non vía ao meu amigo. O abismo que se abrira ocupaba tódolos lugares aos que acertaba a mirar e intuín que Monet se desfaría do seu pincel desaprobando a súa propia creación.

Non sei que será de nós. Dáme que desta acabamos no lixo. Que podo facer?

Xosé Carlos Carracedo Porto

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s