Sobre o Referendum en Catalunya

 

Non veño aquí para postularme nin a favor nin en contra da independencia do pobo catalán. Non me considero quen de facelo, xa que nacín e vivín toda a miña vida en Galicia, polo que, baixo o meu punto de vista, isto é algo que non me corresponde facer. E dito sexa de paso, tampouco sinto moi arraigado en min ese sentimento de “españolidade” co que algúns defenden que a independencia de Cataluña é algo sobre o que debe decidir toda España.

Policía contra referendum

Veño a situarme a favor do dereito a decidir dos millóns de catalás e cataláns que se estima que foron votar o un de outubro, unha parte importante deles mesmo arriscando a súa integridade física. Veño a situarme en contra das accións dun Goberno que ten a mala costume de pensar que co tempo as cousas se solucionarán soas, e que cando xa é tarde só se lle ocorre a posibilidade de botar man da brutalidade policial para intentar evitar o inevitable.

A imaxe que hoxe proxecta España ante todo o mundo é a dun país no que aínda está moi vivo o espírito do franquismo e no que o presidente se converte nunha parodia de si mesmo, negándose a admitir a realidade. O que se ve hoxe é o exemplo perfecto de que neste país o diálogo está lonxe de ser unha opción, a pesares das demandas dun pobo que cada vez está máis farto da corrupción dunha clase política que nos segue decepcionando máis e máis, aínda cando pensabamos que isto xa non era posible.

O certo é que a convocatoria por parte do Govern non cumpría os requisitos establecidos na Constitución para que fose aceptada como legal, mais se aínda nos queda unha pouca conciencia crítica, cabe preguntarnos: acaso non é certo tamén que a meirande parte dos avances democráticos e sociais conseguidos ao longo da historia, coma o dereito a voto das mulleres ou as melloras nas condicións de traballo, se conseguiron coa rebelión dos pobos fronte a unhas leis que non eran xustas?

 

Laura Yáñez

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s