Procesións

Fun tomar algo logo de ver á miña avoa. A noite non se escoitaba polas voces da xente e as procesións, que paseaban por esta mar de pedra que é Compostela dende antes de que Celso Emilio a describira. Confeso que nunca entendín o funcionamento destes teatros da fe, pero hoxe fixeime neles, fixeime ben.…

1994

Falo de ti, cativo de sorriso grande. Chegaches como o primeiro raio de luz que se cola ao amencer pola fiestra, alegrando a miña aletargada vida. Falo do teu sofá. Dese que foi testemuña do noso suor mesturado, da saliva e dos nosos corpos brincando ao compás, creando arte sen máis pretensión cá de gozar.…

Entrevista a Ana Pontón. Segunda parte

Finalizamos con esta derradeira entrega a entrevista a Ana Pontón. Para ler a primeira parte hai que premer aquí. P: Pódese dicir que vivimos nunha democracia? R: Esa é unha pregunta moi complexa. Penso que unha democracia plena é unha democracia con información veraz, con maior participación directa dos cidadáns. Nestes momentos aquí hai eleccións…

Entrevista a Ana Pontón. Primeira parte.

Recíbenos no seu despacho cun amplo sorriso. Un sorriso que contaxia e que incita á ilusión e ao entusiasmo. Un sorriso que nos recorda que ás veces hai que rir, que con bo humor se pode encetar un rumbo novo. Co seu discurso representa milleiros de corazóns. Milleiros de persoas pertencentes a un país que…

O vento

Vento nas redes no mar, nas mariñas, nas entrañas.   Vento do norte, que namora e que apuñala ás veces.   Coma se o vento, esa mañá, non tivera máis xeito que tombar o meu barco e deixarme, naquel paseo, sen palabras, sendo devorada polas gaivotas.   Vento na cidade do pérmico- triásico onde ao…

Oposicións

Almorzo Gústanme as galletas. Fervo a leite e mólloas para levalas á boca. Cada mañá imaxínome nun anaco perdido no líquido. Imaxínome flotando, como nunha embarcación. Semella sinxela esa vida, mais a galleta remata sempre afundíndose no leite ou no vertedoiro. Aproveito eses pequenos momentos para viaxar. Só eses, porque é imposible estudar nun estado…

Entrevista a Francisco Castro

Citámonos na libraría Couceiro de Santiago de Compostela para parolar con Francisco Castro, actual Director de Galaxia e escritor. Son moitas as historias que relata nas páxinas que escribiu. Pasa algo semellante con Galaxia, ese anaco de universo onde se hospeda a meirande parte da universalidade literaria do noso país. Talvez suceda como no ceo…