1994

Falo de ti, cativo de sorriso grande. Chegaches como o primeiro raio de luz que se cola ao amencer pola fiestra, alegrando a miña aletargada vida. Falo do teu sofá. Dese que foi testemuña do noso suor mesturado, da saliva e dos nosos corpos brincando ao compás, creando arte sen máis pretensión cá de gozar.…

O vento

Vento nas redes no mar, nas mariñas, nas entrañas.   Vento do norte, que namora e que apuñala ás veces.   Coma se o vento, esa mañá, non tivera máis xeito que tombar o meu barco e deixarme, naquel paseo, sen palabras, sendo devorada polas gaivotas.   Vento na cidade do pérmico- triásico onde ao…

Cidade da Cultura

  Cumio dun outeiro soterrado Por unha urbe que exclúe as árbores No lugar de onde o vento fuxe Asubiando desconcerto The Show must go on!   Almacén que xoga ás agachadas Camposanto literario Moedas de formigón País de ricos artistas sen diñeiro The Show must go on!   Libros amigos do po Porque a…

3 poemas de Carlota Tomás

Nótase no corpo Atopo no teu corpo Esa ledicia Que pouco a pouco Sen darme de conta Fíxome ser como son, A quen sempre admirei No que confío, Ao que sinto como amigo.   O arte que mostras Escoito coas miñas orellas O son da túa música Toco coas miñas mans O setir das notas…

Oda ao carallo

  A excitación é evidente dende que te vexo, nos teus pantalóns remárcanse as túas ganas. Non quero palabras nin amor, o único que quero hoxe é acción. Escoitalo? Moi lonxe comeza a soar un saxo anunciando sexo, tremen as miñas pernas lúbricas, o sangue de ambos flutúa cara a mesma viaxe. Non te quero…

Os do milenio

Chegamos a unha vida da que pouco xa nos queda, fixéronnos culpables… por ser fillos dun século xenocida, máis evadimos a condena. Distorsión vital como resultado do terror da estrutura social. Choran estas mentes quebradas nesta realidade perdida, polo agobio encapsulado, polo inferno figurado. Os sentidos infectados, son tan só a antesala da obra máis…

O sol do papel

Cando cheguei non tiña ollos. Nacera nunha mañá orballada e donda, moles as follas daquel outono mediado baixo os pasos, a penas cinco anos atrás. Naquela Compostela inesquecible de recén casados, pintura fresca aínda nas paredes e cóxegas nos pés rindo entre as mantas. Chamámolo, gordecho, todo ollos, ollos de metal azul, Adrián. Adrián. Onde…