Oposicións

Almorzo Gústanme as galletas. Fervo a leite e mólloas para levalas á boca. Cada mañá imaxínome nun anaco perdido no líquido. Imaxínome flotando, como nunha embarcación. Semella sinxela esa vida, mais a galleta remata sempre afundíndose no leite ou no vertedoiro. Aproveito eses pequenos momentos para viaxar. Só eses, porque é imposible estudar nun estado…

Foder

O que eu desexo é unha cama desfeita, que o recendo a café quente impregne a nosa casa e que fique frío sen chegar á cunca por mor das ganas que nos temos. Vestirme coa túa camisa branca mentres ti me miras, espido, amárrasme de novo e eu devóroche os lunares que enchen o teu…

Retrato dun falso antroido

Imaxínense un barco sen rumbo. Un mar picado con ondas que non atendemos a controlar. A civilización vive enriba. Os paxariños cantan “desastre”. Procúrase a solución do problema? Que va… Quizais unha minoría. Gran parte das elites dirixentes prefiren traballar no seu privilexio mentres o barco continúe coa forza precisa para manterse a flote, por…

Verdadeira historia da televisión

Tantos anos da miña vida amando as pequenas cousas. Gozando das historias nas que me implicaba. Tantos anos querendo non ser a repugnante vella que son. Tantos anos feliz. Malia todo, o outro día decateime de que son unha desas hater das que fala a mocidade. Supoño que todas e todos cabalgamos esa montura nalgún…

Se queres, bailamos

Pode ser que aínda busque alguén en quen mirarme, alguén que me espante as bolboretas do estómago e encha o oco que deixen, e non volver ter medo de verme nos espellos nunca máis. Exploremos a perfección do caos. Do non ter todo ordenado e no seu sitio. Do estar un pouquiño desequilibrados. Eu non…

Ela

1 Desexaba tanto penetrar en ti, Ela, penetrar nos teus ollos para chegar ao corazón da túa alma… Pero isto asustábame. Había algo alí que me inquietaba. Lembraba detalladamente as nosas conversacións, cada sorriso, caricia ou bico. Pero estes recordos  non me satisfacían do todo. O máis recóndito, escuro e misterioso, as túas curvas interiores…