IRA

A tarde avergoñábase e as tebras confabulábanse para saír. O pequeño regato regaba o rego da braña e nós non dabamos chegado á casa. Monet respirábase dende o teito até os prolongados prados, a auga queda, os vieiros crus… Se o pintor captara a esencia da estampa que contemplabamos, tamén expresaría o canto dos xílgaros,…

Procesións

Fun tomar algo logo de ver á miña avoa. A noite non se escoitaba polas voces da xente e as procesións, que paseaban por esta mar de pedra que é Compostela dende antes de que Celso Emilio a describira. Confeso que nunca entendín o funcionamento destes teatros da fe, pero hoxe fixeime neles, fixeime ben.…

Entrevista a Francisco Castro

Citámonos na libraría Couceiro de Santiago de Compostela para parolar con Francisco Castro, actual Director de Galaxia e escritor. Son moitas as historias que relata nas páxinas que escribiu. Pasa algo semellante con Galaxia, ese anaco de universo onde se hospeda a meirande parte da universalidade literaria do noso país. Talvez suceda como no ceo…

Corpos literarios

Cando lemos unha novela imaxinamos os personaxes: os seus trazos faciais, a forma dos seus corpos, a cor do cabelo, os ollos… Máis alá da descrición que faga a persoa que escribe o texto, nós configuramos nas nosas cabeciñas unha imaxe que pode evolucionar ao longo dun relato, unha novela ou unha saga. Xeralmente as…

Os do milenio

Chegamos a unha vida da que pouco xa nos queda, fixéronnos culpables… por ser fillos dun século xenocida, máis evadimos a condena. Distorsión vital como resultado do terror da estrutura social. Choran estas mentes quebradas nesta realidade perdida, polo agobio encapsulado, polo inferno figurado. Os sentidos infectados, son tan só a antesala da obra máis…

O sol do papel

Cando cheguei non tiña ollos. Nacera nunha mañá orballada e donda, moles as follas daquel outono mediado baixo os pasos, a penas cinco anos atrás. Naquela Compostela inesquecible de recén casados, pintura fresca aínda nas paredes e cóxegas nos pés rindo entre as mantas. Chamámolo, gordecho, todo ollos, ollos de metal azul, Adrián. Adrián. Onde…

Se queres, bailamos

Pode ser que aínda busque alguén en quen mirarme, alguén que me espante as bolboretas do estómago e encha o oco que deixen, e non volver ter medo de verme nos espellos nunca máis. Exploremos a perfección do caos. Do non ter todo ordenado e no seu sitio. Do estar un pouquiño desequilibrados. Eu non…