Aniversario

Fai hoxe un ano nacía oficialmente Cicloxénese Expresiva. Para celebrar este noso primeiro aniversario queremos compartir convosco o primeiro número da revista en versión PDF. Pincha enriba deste enlace e descárgaa gratuitamente na túa computadora, tableta ou móbil. Mil grazas por estar aí e lembrade que podedes colaborar con nós enviando as vosas cousas a cicloxeneseexpresiva@gmail.com.

Manifesto da Cicloxénese Expresiva

  “O mar florece cando os nimbos choran. As ondas derrétense nunha cume de auga que delira espuma. E alí está a nada, nas cicloxéneses máis agudas, onde se expresa o silencio e a condición humana” Cita dun aturuxo do vento de compoñente leste.   Nós nacemos pretendendo darlle voz ao silencio, porque o mundo…

Comunicado

  Queremos comunicarvos que imos a sacar á venda o primeiro número da revista Cicloxénese Expresiva en papel. Neste número poderedes atopar o Manifesto no que englobamos as ideas da nosa revista, ademais de contar con dúas marabillosas entrevistas a Quico Cadaval e á Fundación Neira Vilas. Contaremos tamén: Coa fantástica poesía de: María do…